No Centro de Linguas podes realizar exames de acreditación de nivel CertAcles, exames propios do Centro de Linguas, DELE (Instituto Cervantes), TOEFL e HSK (Instituto Confucio).
Agora mesmo é tan importante desenvolverse nunha lingua estranxeira como poder acreditar o noso nivel, necesario en moitos casos para graduarse, acceder a un mestrado ou incorporarse ao mercado laboral.
A Universidade de Vigo, a través do Centro de Linguas, pon á túa disposición as probas de acreditación de nivel máis demandadas na actualidade tanto en ámbitos académicos como profesionais.
A Universidade de Vigo é membro de ACLES (Asociación de Centros de Linguas na Ensinanza Superior), desde onde se traballa de xeito permanente na calidade da aprendizaxe de idiomas e nos sistemas de estandarización de probas de acreditación, e ten o selo de acreditación CertAcles en inglés e español.
En Certificados/exames, podes consultar toda a información acerca de cada unha destas probas. E se precisas máis información, ponte en contacto con nós en centrodelinguas@uvigo.es ou a través das nosas redes sociais.