O TOEFL iBT® é un exame que mide a capacitación de persoas non nativas para utilizar e entender a lingua inglesa de forma oral e escrita no ámbito académico. É requisito de admisión na maioría das universidades norteamericanas, e acéptase en máis de 10.000 institucións de educación superior, universidades e axencias de certificación de máis de 150 países en América, Europa e Asia. Adminístrase ás persoas candidatas a través da rede en centros oficiais de ETS, como é o Centro de Linguas.

Hai alomenos dúas convocatorias anuais.

PRÓXIMAS CONVOCATORIAS:

12/9/2026; 14/11/2026; 12/12/2026; 16/1/2027; 13/2/2027; 11/6/2027

i
Descrición xeral da privacidade

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.