Para poder realizar cursos e/ou exames no Centro de Linguas, debes ter polo menos 16 anos.

O alumnado de cada curso debe ter un nivel homoxéneo para deste xeito poder cumprir os obxectivos e, polo tanto,

  • se comezas a estudar unha lingua debes inscribirte no nivel A1.1;
  • se xa contas cunha acreditación de nivel de menos de 3 anos de antigüidade*, poderás inscribirte directamente no nivel inmediatamente superior ao que indica a túa acreditación;
  • se non sabes cal é o teu nivel ou non contas cunha acreditación de nivel, poderás facer unha proba de nivel.

*Os certificados de nivel que se admiten están recollidos nas seguintes táboas: certificados recoñecidos por ACLES.

PROBAS DE NIVEL

Para facer unha proba de nivel, debes inscribirte no curso que che interesa e pagar a cota de inscrición correspondente (15€). Poderás acceder á proba de nivel en MooVi. Introduce o teu nome de usuario e o contrasinal. O nome de usuario é o número de DNI (con letra) ou pasaporte. Se esqueciches o teu contrasinal, preme en Esqueceu o seu nome de usuario ou contrasinal?, onde terás que escribir o teu nome de usuario ou o enderezo de correo electrónico facilitado no momento da matrícula na Universidade de Vigo ou no Centro de Linguas. En función do resultado desta proba, poderás continuar co procedemento de matrícula no curso no que realizaches a inscrición ou matricularte nun curso que se corresponda co teu nivel.

APERTURA DE CURSOS

A apertura dos cursos está condicionada á existencia dun mínimo de matrículas en cada curso.

LISTAS DE AGARDA

Se o número de alumnado que se inscribe nun curso supera o número máximo de matrículas estipuladas para o curso, abrirase unha lista de agarda na que se lle asignará ao alumnado un número de prelación por orde cronolóxica de inscrición no curso. Rematado o período de inscrición, o alumnado admitido no curso recibirá instrucións e un prazo para formalizar a súa matrícula. Se non o fixera, as prazas serían asignadas ao alumnado en lista de agarda.

O Centro de Linguas (centrodelinguas@uvigo.es) comunicarase co alumnado a través de correo electrónico empregando a dirección de correo electrónico que o alumnado facilita ao Centro de Linguas na sección DATOS PERSOAIS da ÁREA PRIVADA. É responsabilidade do alumnado ler e respostar ás comunicacións do Centro de Linguas en tempo e forma.

PASO 1: REXISTRO

Se nunca te rexistraches, pulsa en Rexistro e introduce os teus datos persoais. Cando remates, recibirás un correo electrónico co teu contrasinal.

PASO 2: INSCRICIÓN

Fai a inscrición seguindo os pasos que se indican no apartado correspondente a cada idioma en Cursos de idiomas. 

Tras realizar a inscrición, debes acreditar que tes o nivel requirido para realizar o curso, ben entregando un certificado que acredite o nivel anterior ou ben realizando unha proba de nivel. Cando remate o prazo de inscrición, o Centro de Linguas comunicarache que podes continuar co procedemento de matrícula e realizar o pagamento do importe restante.

Se nalgún curso e/ou exame a cota de inscrición é 0€, poderás adxuntar a documentación que se indica e continuar co procedemento de matrícula sen necesidade de agardar a que o Centro de Linguas se poña en contacto contigo.

PASO 3: PAGAMENTO

Para pagar, podes escoller entre as seguintes modalidades:

A. Pagamento con tarxeta. Accederás directamente á pasarela de pago.

B. Transferencia ao Banco Santander, indicando o teu nome e o curso no que te matriculas: 

  • Número de conta: 0049 614198 2510007984 
  • Código Swift: BSCHESMMXXX
  • Código IBAN: ES86 0049 6141 9825 1000 7984

C. Ingreso en efectivo no Banco Santander, indicando o teu nome e o curso no que te matriculas:

  • Emisora: X011668

Se escolles facer o ingreso en efectivo, lembra subir á túa área privada o resgardo de pagamento.

PASO 4: CONFIRMACIÓN

Finalmente, recibirás unha mensaxe de correo electrónico confirmando a finalización do procedemento de matrícula.

Tamén poderás atopar as indicacións para realizar a túa inscrición no apartado correspondente a cada idioma, na páxina Cursos de idiomas. 

Para a devolución do importe da matrícula, séguense os seguintes criterios:

  1. Procederá a devolución do importe íntegro da matrícula, incluída a cota de inscrición, cando, por causas non imputables ás persoas usuarias, non se realice o curso.
  2. No caso de que o alumnado careza do nivel suficiente para realizar o curso no que se matriculara, e non realice outro curso, procederá a devolución do importe íntegro da matrícula, exceptuando a cota de inscrición.
  3. A pesar do declarado nos puntos anteriores, o Centro de Linguas pode devolver o importe en casos especiais que considere xustificados, sempre que se solicite por escrito alomenos tres días antes da data de inicio do curso. Se a devolución se considera xustificada, o Centro de Linguas reterá 15€ en concepto de gastos de xestión.
  4. Considérase que procede a devolución nos seguintes casos:
    • Cando se produza a sinatura dun contrato laboral que implique incompatibilidade horaria co curso, sempre que non resulte posible a adscrición a outro curso similar. Debe achegarse copia do contrato de traballo.
    • Por causa de accidente ou enfermidade que imposibilite seguir con regularidade o desenvolvemento do curso. Debe aportarse xustificante médico.
  5. En ningún caso se devolverá o importe da matrícula unha vez iniciado o curso.

CertAcles

Os certificados CertAcles están recoñecidos por

  • as universidades españolas, a través de CRUE, e as universidades europeas que pertencen á CercleS, para todos os requerimentos relativos á esixencia do nivel de lingua en graos, mestrados, etc., bolsas e intercambios.
  • as comunidades autónomas de Aragón, Canarias, Castela León, Cataluña, Comunidade Valenciana, Galicia, Madrid e Murcia para oposicións, concursos, etc.
  • o Ministerio de Defensa (BOD 35/122, 24 de junio de 2019).

Non teñen caducidade. Porén, a institución receptora pode establecer a antigüidade dos certificados que vai aceptar.

Certificados propios

Os certificados propios do Centro de Linguas teñen validez para todos aqueles requerimentos de idioma que sexan solicitados pola Universidade de Vigo: bolsas de mobilidade, acceso a mestrados, etc.

Se es estudante da Universidade de Vigo, os cursos do Centro de Linguas permítenche obter créditos/horas ECTS (30 horas = 1 crédito) na túa titulación. Para obter o diploma de asistencia cómpre realizar un mínimo do 85% do curso. Para máis información, podes consultar o regulamento de recoñecemento de créditos.

A oficina do Centro de Linguas está ubicada na Facultade de Filoloxía e Tradución.

Impartimos cursos nos tres campus da Universidade de Vigo.

CAMPUS DE OURENSE

CAMPUS DE PONTEVEDRA

CAMPUS DE VIGO

CAMPUS REMOTO

  • ACCEDER A AULAS EN DIRECTO > Campus de Vigo > 994-FUVI – Centro de Linguas

A Universidade de Vigo convoca bolsas para realizar cursos de idiomas no Centro de Linguas. As bolsas están dirixidas ao alumnado da Universidade de Vigo. En Bolsas, podes consultar as convocatorias abertas e as condicións para acceder ás mesmas.

No caso de que, por razóns alleas ao noso centro e de acordo coas indicacións das autoridades sanitarias, tivésemos que suspender a presencialidade dos nosos cursos, estes continuarían de forma virtual.

i
Descrición xeral da privacidade

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.