No Centro de Linguas podes obter dous certificados: un diploma de asistencia e unha acreditación de nivel. Para obter o diploma de asistencia cómpre asistir a un mínimo do 85% do curso. Estes diplomas obtéñense en todos os nosos cursos, independentemente de que o curso inclúa un exame de acreditación de nivel ou non. Para obter a acreditación de nivel cómpre superar un exame no que se valora o dominio das catro macrodestrezas lingüísticas: comprensión lectora, expresión escrita, comprensión auditiva e expresión oral. A acreditación de nivel inclúe a cualificación obtida no exame, as datas nas que se realizou, o nivel do MCER e a información da persoa candidata.
Ambos certificados expídense no prazo mínimo dun mes a partir da publicación das cualificacións definitivas tras a revisión de exame. Os certificados expedidos polo Centro de Linguas carecen de caducidade. Con todo, a institución receptora pode establecer unha antigüidade determinada.