Os exames de Acles, CertAcles, teñen como obxectivo acreditar o nivel de coñecemento de idiomas dentro do MCER. Son independentes da formación impartida nos centros de linguas das universidades. Están avalados pola CRUE e recoñecidos por CercleS.
Que niveis podes acreditar?
B1 (inglés e español)
B2 (inglés e español)
C1 (inglés)
Para quen?
Para persoas maiores de 16 anos.
Cantas partes?
Avalíanse as catro macrodestrezas lingüísticas: comprensión lectora, expresión escrita, comprensión oral, e expresión oral.
Todo o mesmo día?
Non, hai un día establecido para a proba escrita pero a expresión oral pode realizarse o mesmo día ou en días anteriores ou posteriores á realización da proba escrita.
Como se certifica?
Os certificados expedidos levarán o carimbo CertAcles e indicarán o nivel acreditado e, dado o caso, a desagregación por competencias.
Onde?
As personas candidatas deberán inscribirse na web do Centro de Linguas.
Que nota precisas para aprobar?
Precisas obter unha nota media de 6 e a metade da puntuación asignada a cada destreza.
Ten data de caducidade?
Non. Porén, a institución receptora pode fixar a antigüidade dos certificados que vai admitir.
ESPAÑOL
B1: Modelo de tarefas de exame
B2: Modelo de tarefas de exame
INGLÉS
B1: Modelo de tarefas de exame
B2: Modelo de tarefas de exame
C1: Modelo de tarefas de exame
Hai dúas convocatorias anuais dos exames CertAcles inglés B1 e B2 (en outubro e en maio), e unha convocatoria anual dos exames CertAcles inglés C1 (en maio) e dos exames CertAcles español B1 e B2 (en xuño).
PRÓXIMA CONVOCATORIA:
C1: 19/5/2026 (CertAcles inglés C1)
B2: 20/5/2026 (CertAcles inglés B2), 18/6/2026 (CertAcles español B2)
B1: 19/5/2026 (CertAcles inglés B1), 19/6/2026 (CertAcles español B1)
As probas de expresión e interacción orais dos exames CertAcles inglés terán lugar entre o 18 e o 29 de maio de 2026.
As probas de expresión e interacción orais dos exames CertAcles español terán lugar entre o 15 e o 17 de xuño de 2026.