Os cursos de portugués organízanse segundo os niveis do MCER A2, B1 e B2, de xeito que o alumnado poida acreditar un nivel nun cuadrimestre. Ao rematar o cuadrimestre haberá un exame de acreditación de nivel.

Son cursos semipresenciais our virtuais que se imparten ao longo dun cuadrimestre: primeiro cuadrimestre ou segundo cuadrimestre. Os cursos de niveis A2, B1 ou B2 (60 horas) impártense durante o primeiro ou segundo cuadrimestre. Estes cursos inclúen un exame propio do Centro de Linguas para que o alumnado poida acreditar o nivel A2, B1 ou B2.

Son cursos virtuais de 2 semanas que se imparten durante o verán: A2 (40 horas) e B1 (40 horas). Estes cursos inclúen un exame propio do Centro de Linguas para que o alumnado poida acreditar o nivel A2 ou B1.

Obxectivos
Mellorar a expresión, mediación e interacción oral en lingua portuguesa de estudantes, PAS e PDI da Universidade de Vigo.

Alén de conversas improvisadas, tamén é posible adicar os 50 minutos a fins académicos: tarefas docentes que se levan a cabo en lingua portuguesa, comunicacións en congresos ou intervencións en foros científicos, exposicións orais de encomendas de distintas materias de graos e posgraos, preparación de estadías Erasmus+, preparación de proxectos, etc.

Procedemento de participación
Para participar, rexístrate na ÁREA PRIVADA (se é a primeira vez) ou accede empregando o teu nome de usuario e contrasinal para, a continuación, matricularte no curso Portugués One2One. Como esta actividade está financiada ao 100% pola Vicerreitoría de Internacionalización, a taxa de matrícula será de 0 euros. Podes matricularte en calquera momento ao longo do cuadrimestre en que se está a desenvolver a actividade.

Cando a túa solicitude se aprobe, terás acceso en Moovi ao curso Portugués One2One e, unha vez dentro, poderás reservar a clase. O período de reserva estará activo cunha semana de antelación como máximo. Chegado o día da clase, conéctate 5 minutos antes da hora para a que reservaras a clase ao despacho de Campus Remoto do profesorado. A ligazón e o contrasinal deste despacho están dispoñibles na plataforma Moovi. O profesorado do Centro de Linguas só che dará acceso se o teu nome coincide co da persoa que fixo a reserva previamente. Durante a clase manterás unha conversa de 50 minutos en lingua portuguesa con profesorado do Centro de Linguas.

Requisitos
Non se esixe un determinado nivel de lingua portuguesa para acceder a esta actividade, posto que o profesorado do Centro de Linguas adaptará o nivel da conversa ao nivel da persoa que reservou a clase. Porén, é preciso ser quen de saudar, responder a cuestións básicas e despedirse en lingua portuguesa.

i
Descrición xeral da privacidade

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.