No Centro de Linguas empregamos as seguintes plataformas virtuais:

 

Campus RemotoACCEDER A AULAS EN DIRECTO > Campus de Vigo > 994-FUVI – Centro de Linguas

Escolle a sala e, utilizando o acceso para alumnado, escribe o teu nome e o contrasinal proporcionado polo Centro de Linguas. Para acceder a Campus Remoto, tes que empregar un dispositivo con conexión a Internet, cámara e un navegador que soporte HTML5 (Google Chrome, Mozilla Firefox, etc.)

 

MooVi

Introduce o teu nome de usuario e o contrasinal. Para o alumnado, o nome de usuario é o número de DNI (con letra) ou pasaporte. Se esqueciches o teu contrasinal, preme en Esqueceu o seu nome de usuario ou contrasinal?, onde terás que escribir o teu nome de usuario ou o enderezo de correo electrónico facilitado no momento da matrícula na Universidade de Vigo ou no Centro de Linguas.

i
Descrición xeral da privacidade

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.