No Centro de Linguas elaboramos plans académicos específicos baseados nas necesidades das persoas, empresas ou entidades que requiran formación especializada ou obxectivos adaptados á súa organización. A metodoloxía utilizada céntrase na práctica e especificidade de cada colectivo.

ÁMBITO PROFESIONAL E EMPRESARIAL

Inglés económico-administrativo. Céntrase na elaboración e presentación de informes comerciais, redacción de proxectos, tarefas administrativas, etc.

Inglés profesional. Busca o desenvolvemento de competencias transversais relacionadas con actividades profesionais (elaboración de CVs, entrevistas de traballo, etc.)

Inglés técnico. Está dirixido a persoal de servizos técnicos que queiran mellorar a súa competencia comunicativa oral e escrita no ámbito de traballo.

Supervivencia en inglés, alemán, chinés e xaponés. Pretende axudar ao alumnado a comunicarse en situacións habituais que requiren un intercambio de información simple e directo.

ÁMBITO ACADÉMICO

EMI para profesorado universitario. Ten como obxectivo formar ao PDI para impartir docencia en aulas internacionais onde a lingua vehicular é o inglés.

Inglés académico. Pretende mellorar a capacidade comunicativa do alumnado nun contexto académico.

Pronuncia. Busca mellorar a expresión oral do alumnado para conseguir que a comunicación sexa efectiva.

Discurso oral en inglés para foros científicos internacionais. Trata de dotar ao alumnado das ferramentas necesarias para mellorar a súa competencia comunicativa en foros científicos internacionais.

Formación e reciclaxe de profesorado de linguas estranxeiras. Busca familiarizar a profesorado novel cos recursos máis efectivos para a docencia e perfeccionar a práctica profesional do profesorado experto.

i
Descrición xeral da privacidade

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.