HELA (Higher Education Lecturing Accreditation) é unha proba deseñada na Universidade de Vigo que evalúa as competencias lingüísticas do profesorado universitario para impartir a súa docencia en inglés. Consta de dúas partes nas que as persoas candidatas deberán realizar exercicios vinculados á actividade docente na universidade.

  • PARTE 1: É unha proba escrita que consiste na redacción dun texto de entre 200 e 300 palabras relacionado coa actividade docente e investigadora na universidade.
  • PARTE 2: É unha proba oral que consiste na exposición dunha mostra de material docente que a persoa candidata emprega nas aulas durante aproximadamente sete minutos. Non se aceptan mostras extraídas da presentación da materia que se realiza o primeiro día de clase. Tras a exposición, as persoas integrantes do tribunal formularán as preguntas que consideren necesarias para comprobar a capacidade de comprensión e expresión da persoa candidata. Ao rematar, a persoa candidata esperará fóra da aula ata que as persoas que integran o tribunal rematen a súa deliberación, xa que se non hai acordo poden realizar máis preguntas. É recomendable empregar algún soporte visual durante a presentación.

Hai dúas convocatorias anuais: en novembro (24/11/2026) e en marzo/abril (2027).

As probas orais terán lugar entre o 24 e o 27 de novembro de 2026.

 

i
Descrición xeral da privacidade

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.