QUEREMOS FACELO MELLOR
Traballamos para prestar un bo servizo como centro e tamén buscamos manter unha comunicación fluída e efectiva co alumnado.
Por tanto,
- se cres que algo non está ben feito, envíanos unha crítica;
- se botas en falta algo ou pensas que se debe facer doutro xeito, fai unha suxestión;
- e seríamos moi felices se nos dis o que cres que está ben, xa que así procuraremos repetilo.
Bótanos unha man e axúdanos a mellorar!