Os cursos de inglés organízanse segundo os niveis do MCER A2, B1, B2, C1 e C2, de xeito que o alumnado poida acreditar alomenos un nivel nun ano académico.
Son cursos semipresenciais ou virtuais que se imparten ao longo do curso académico: primeiro cuadrimestre (55 horas) e segundo cuadrimestre (55 horas). Os cursos de nivel A2.1, B1.1, B2.1, C1.1 e C2.1 impártense durante o primeiro cuadrimestre, e os cursos de nivel A2.2, B1.2, B2.2, C1.2 e C2.2 durante o segundo cuadrimestre. Ao rematar o segundo cuadrimestre, hai un exame de acreditación de nivel: un exame CertAcles, que se realiza presencialmente na Universidade de Vigo, para acreditar os niveis B1, B2 ou C1; e un exame propio do Centro de Linguas para acreditar os niveis A2 e C2. O alumnado que cursa os dous cuadrimestres no Centro de Linguas non terá que abonar o custo do exame.
Son cursos semipresenciais ou virtuais de 5 semanas que se imparten durante o verán: A2 (60 horas), B1 (80 horas) e B2 (80 horas). Estes cursos inclúen un exame propio do Centro de Linguas para que o alumnado poida acreditar o nivel A2, B1 ou B2.
É un curso para persoas que van presentarse ao examen CertAcles inglés B1 e queren familiarizarse co seu formato e practicar as tarefas que o compoñen. Realízase 100% en liña e de forma asíncrona, a través da plataforma MooVi.
Ao longo do curso, o alumnado poderá familiarizarse coas catro probas do exame CertAcles inglés B1 e practicar cunha ampla variedade de tarefas similares ás dos exames reais. O profesorado realizará un seguimento xeral do curso, solventará as dúbidas, correxirá as tarefas e orientará as tarefas de producción escrita e oral de cada participante.
Non é un curso de formación lingüística de nivel B1 nin acredita o nivel B1.
É un curso para persoas que van presentarse ao examen CertAcles inglés B2 e queren familiarizarse co seu formato e practicar as tarefas que o compoñen. Realízase 100% en liña e de forma asíncrona, a través da plataforma MooVi.
Ao longo do curso, o alumnado poderá familiarizarse coas catro probas do exame CertAcles inglés B2 e practicar cunha ampla variedade de tarefas similares ás dos exames reais. O profesorado realizará un seguimento xeral do curso, solventará as dúbidas, correxirá as tarefas e orientará as tarefas de producción escrita e oral de cada participante.
Non é un curso de formación lingüística de nivel B2 nin acredita o nivel B2.
Obxectivos
Mellorar a expresión, mediación e interacción oral en lingua inglesa de estudantes, PAS e PDI da Universidade de Vigo.
Alén de conversas improvisadas, tamén é posible adicar os 50 minutos a fins académicos: tarefas docentes que se levan a cabo en lingua inglesa, comunicacións en congresos ou intervencións en foros científicos, exposicións orais de encomendas de distintas materias de graos e posgraos, preparación de estadías Erasmus+, preparación de proxectos, etc.
Procedemento de participación
Para participar, rexístrate na ÁREA PRIVADA (se é a primeira vez) ou accede empregando o teu nome de usuario e contrasinal para, a continuación, matricularte no curso English One2One. Como esta actividade está financiada ao 100% pola Vicerreitoría de Internacionalización, a taxa de matrícula será de 0 euros. Podes matricularte en calquera momento ao longo do cuadrimestre en que se está a desenvolver a actividade.
Cando a túa solicitude se aprobe, terás acceso en Moovi ao curso English One2One e, unha vez dentro, poderás reservar a clase. A partir da segunda semana de cuadrimestre, terán preferencia nas reservas aquelas persoas que non participaran anteriormente. O período de reserva estará activo cunha semana de antelación como máximo. Chegado o día da clase, conéctate 5 minutos antes da hora para a que reservaras a clase ao despacho de Campus Remoto do profesorado. A ligazón e o contrasinal deste despacho están dispoñibles na plataforma Moovi. O profesorado do Centro de Linguas só che dará acceso se o teu nome coincide co da persoa que fixo a reserva previamente. Durante a clase manterás unha conversa de 50 minutos en lingua inglesa con profesorado nativo do Centro de Linguas.
Requisitos
Non se esixe un determinado nivel de lingua inglesa para acceder a esta actividade, posto que o profesorado do Centro de Linguas adaptará o nivel da conversa ao nivel da persoa que reservou a clase. Porén, é preciso ser quen de saudar, responder a cuestións básicas e despedirse en lingua inglesa.
É un curso virtual (20 horas) para persoas que xa acreditaron o nivel de inglés que precisaban (B2 ou superior) e queren manter ese nivel con bos alicerces en comunicación oral. Con este curso, poderán seguir traballando a súa comprensión e expresión oral a través da participación en situacións comunicativas moi diversas. O profesorado do curso proporá actividades de comprensión e expresión oral sobre temas de actualidade e de interese xeral en cada sesión. Todo o alumnado poderá participar nas actividades propostas expresándose unicamente en lingua inglesa e familiarizándose con novos termos. Ademais, o profesorado do curso deseñará actividades para poder corrixir os erros fonolóxicos, semánticos e sintácticos máis comúns do alumnado, que acotío impiden que a comunicación sexa espontánea, fluída e precisa.