O Centro de Linguas nace no 2004 para promover e desenvolver actividades de formación en linguas modernas, atendendo ás necesidades lingüísticas da comunidade universitaria e a súa contorna. Tras máis de 15 anos de experiencia, somos un referente en ensino de linguas e acreditación de niveis, traballando en colaboración coas entidades de acreditación máis recoñecidas: ACLES, Cambridge Assessment EnglishInstituto Cervantes, ETS TOEFL, etc. A nosa actividade principal é a formación específica da comunidade universitaria para contribuír á calidade na docencia e investigación e á internacionalización da Universidade de Vigo, e ademais tamén

  • ofrecemos cursos de linguas modernas de calidade impartidos por profesorado con ampla experiencia profesional á comunidade universitaria e ao público en xeral;
  • impartimos cursos de lingua, cultura e adaptación á universidade en España, en colaboración con Campus Spain;
  • deseñamos e impartimos plans de formación á medida para colectivos profesionais da Universidade de Vigo e externos, como EMI para profesorado universitario;
  • formamos a futuros profesores de ELE;
  • colaboramos con outras entidades públicas en programas de formación;
  • realizamos máis de 900 exames de acreditación de nivel anualmente;
  • deseñamos, elaboramos e administramos os exames de acreditación de nivel CertAcles;
  • deseñamos, elaboramos e administramos a proba de acreditación HELA (Higher Education Lecturing Accreditation) para profesorado universitario que vai impartir docencia en inglés;
  • somos centro examinador oficial de DELE e TOEFL iBT.
i