En 2017 créase a Aula Confucio da Universidade de Vigo ao abeiro do Instituto Confucio da Universidad de León, que se adica á promoción da lingua e cultura chinesas e é centro examinador oficial no noroeste de España. A través da Aula Confucio da Universidade de Vigo, o Centro de Linguas organiza obradoiros (caligrafía, retallado de papel, e cociña) e cursos (iniciación ao chinés, cinematografía chinesa). Ademais, tamén administra exames de acreditación de nivel HSK.