Iniciación á ensinanza de ELE
Curso de formación de profesorado recoñecido polo Instituto Cervantes

Trátase dun curso de formación para iniciarse (A), en línea asíncrono e síncrono (con videoconferencia), que se impartirá do 07/11/2022 ao 30/11/2022.
Organización do curso: Universidade de Vigo
Directora: Mercedes Álvarez Piñeiro
Os interesados poden informarse sobre o procedemento de inscrición en:
Centro de Linguas
Facultade de Filoloxía e Traducción
Campus Universitario
36310 Vigo (Pontevedra)
986 812250
https://cdl.uvigo.es/cursos-de-idiomas/formacion-para-profesorado/
O número máximo de matriculados será de 40 e o número mínimo será de 12.
Procederá a devolución do importe íntegro da matrícula, incluíndo a cota de inscrición, se non se realizase o curso.
En línea asíncrono e síncrono (con videoconferencia)
- Persoas con titulación universitaria
- Estudantes de último ano de grao que desexen especializarse na ensinanza de español como lingua estranxeira
- Peroas con titulación universitaria en Filoloxía que desexen especializarse na ensinanza de español como lingua estranxeira
- Profesores de español como lingua segunda e estranxeira
- Profesores de outras linguas estranxeiras
- Persoas que realizan labores de voluntariado en organizacións non gubernamentais
Cursos para iniciarse (A)
O curso está dirixido a graduados ou estudantes dos últimos cursos de grao ou mestrado que queiran orientar o seu futuro profesional cara a ensinanza de ELE. Os participantes no curso analizarán diferentes técnicas comunicativas, tanto teóricas como prácticas e familiciaranse coas competencias que un profesor en ELE debe empregar na aula: como programar e planificar unha clase, que metodoloxía utilizar, que gramática ensinar, como presentar o léxico e a cultura, que materiais didácticos existen e como se poden adaptar ás súas necesidades, que recursos se poden empregar na aula e como se reflicten as novas tecnoloxías, con especial atención ás redes sociales, nestes ámbitos.
Este curso está orientado ao desenvolvemento das competencias chave do profesorado:
- Organizar situacións de aprendizaxe
- Avaliar o aprendizaxe e a actuación do alumno
- Facilitar a comunicación intercultural
- Servirse das TIC para o desenvolvemento do seu traballo
- Familiarizarse con diferentes metodoloxías e situacións de aprendizaxe e coñecer diferentes recursos para poder facer fronte a anteditas situacións na aula.
- Reflexionar sobre algúns aspectos de ensinanza aprendizaxe de ELE, dende o deseño dun curso, dunha clase ata a súa avaliación tanto formativa como sumativa.
- Coñecer as diferentes certificacións oficiais que existen en ELE: DELE e SIELE
- Empregar as TIC para o desenvolvemento do seu traballo na aula de ELE.
AUTORAS
Mercedes Álvarez Piñeiro
Ángeles Tomé Rosales
TITORAS
Mercedes Álvarez Piñeiro (autora de libros de ELE e de materiais didácticos de avaliación)
Ángeles Tomé Rosales (especialista en TIC)
CONTIDOS
Módulo I (Mercedes Álvarez Piñeiro)
- Metodoloxía da ensinanza de linguas estranxeiras e estado da cuestión en ELE.
- Análisis de necesidades e deseño de cursos: como programar dende un curso ata unha clase.
- O uso da gramática na clase de ELE I: como traballar na aula de ELE cuestións como os pasados, a diferencia entre ser e estar, etc.
- Cuestións básicas de avaliación.
Módulo II (Mercedes Álvarez Piñeiro)
- O uso da gramática na clase de ELE II: como traballar na aula o subxuntivo.
- Adaptación de materiais e recursos á ensinanza virtual. Explotación e creación de materiais didácticos.
- Como traballar as destrezas na aula.
- A certificación oficial en ELE: estudo comparativo entre DELE e SIELE.
Módulo III (Ángeles Tomé Rosales)
- Uso e aproveitamento das TIC para as clases de ELE.
BREVE CV DE LAS TUTORAS
Mercedes Álvarez Piñero

Licenciada en Filoloxía Hispánica (Universidad de Santiago de Compostela), mestrado en ELE (Universidad Nebrija) e DEA (Universidade de Vigo). Na actualidade é coordinadora académica, xefa de estudos e profesora de ELE no Centro de Linguas da Fundación Universidade de Vigo. Foi profesora de ELE en Irlanda, Brasil, EE.UU. e na Universidad Nebrija. É profesora de postgrado de materias como Enfoques metodolóxicos para a ensinanza de ELE e Avaliación. Ademais, ten larga experiencia como membro de tribunal dos DELE. É coautora de Español en marcha 4. Cuaderno de ejercicios y Guía didáctica (SGEL) e de Prisma Evaluación y Pruebas de nivel (Edinumen).
Ángeles Tomé Rosales

Doutora en Filoloxía Inglesa. Traballa como profesora de ELE no Centro de Linguas (Fundación Universidade de Vigo). Para o desenvolvemento da súa labor docente como profesora de inglés, creou o blog Twenty-four Seven, que recibiu miles de visitas dende máis de cen países. Ademais, encargouse da docencia de materias de distintos posgraos, entre as que se atopan Inglés Comercial e Comunicación Profesional Internacional, pertencentes ao Mestrado Oficial en Comercio Internacional da Universidade de Vigo e impartidas integramente a través de plataformas de teleformación.
Propóñense diferentes tipos de actividades prácticas para fomentar as reflexións e o intercambio de experiencias e opinións entre os asistentes coa fin de adquirir e interiorizar técnicas prácticas para o seu futuro papel como docentes. O uso de tarefas de sistematización axudará a asimilar contidos traballados no curso.
O curso impartirase a través de MooVi (plataforma LMS) e Campus Remoto (plataforma VTC).
Realizarase unha avaliación continua ao longo do curso, prestando especial atención ao seguimento dos obxectivos alcanzados nas diferentes sesións.
Para realizar a avaliación terase en conta:
- A reflexión aportada en foros sobre aspectos teóricos.
- As actividades de avaliación de cada sesión.
Non hai unha bibliografía específica para a preparación do curso. Durante as tres semanas de curso, facilitaranse ligazóns e materiais bibliográficos a través da plataforma LMS MooVi.
40 horas
Sesións síncronas a través de videoconferencia de luns a xoves de 16:00 a 18:00 (UTC+1) (30 horas)
Traballo autónomo (10 horas)
O curso desenvolverase na plataforma LMS MooVi e para as videoconferencias recurrirase á plataforma VTC Campus Remoto.
Para a realización do curso os participantes deben dispoñer de:
- Equipo con conexión a Internet (banda ancha) e cámara
- Navegador web que permita HTML5: Google Chrome, Mozilla Firefox, etc.
- Aplicacións: procesador de textos, Adobe Flash Player, Adobe Acrobat Reader, etc.
- Dirección de correo electrónico válida
- Micrófono: estándar
- Altavoces ou cascos: estándar
Requírese coñecemento e manexo das ferramentas informáticas básicas (nivel usuario).
370€
300€ para membros da comunidade universitaria da Universidade de Vigo.
O importe inclúe o material facilitado durante o curso e a expedición do certificado.
Os alumnos que participaron neste curso recibirán un certificado de aproveitamento expedido pola Universidade de Vigo co recoñecemento do curso polo Instituto Cervantes cun Código de Verificación Segura que será remitida por esta universidade ao interesado. Para isto, a asistencia será obrigatoria e as faltas de asistencia, independientemente da causa, non poderán superar o 15% da duración total do curso. Ademais, os participantes deberán superar a tarefas de avaliación do curso.
Os alumnos que obeñan o antedito certificado recibirán un segundo certificado expedido pola Universidade de Vigo convalidable por 40 horas ECTS.