Proba de nivel de inglés

Se es estudante de 1º curso por primeira vez, a Universidade de Vigo, a través da Vicerreitoría de Estudantes e Vida Universitaria, pon á túa disposición unha proba de nivel de inglés virtual para que coñezas o teu nivel de inglés en canto comeces a túa andaina universitaria. 

Con esta información, podes planificar ampliar a túa formación en lingua inglesa e acreditar o teu nivel de inglés para así poder participar en programas de mobilidade internacional (Erasmus, ISEP, etc.) e prepararte para acadar os teus obxectivos profesionais. 

Co inicio do curso académico 2026/2027, atoparás esta proba de nivel no MooVi. 

i
Descrición xeral da privacidade

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.