No Centro de Linguas tamén podes estudar chinés, francés, italiano, persa e xaponés.

Os cursos de chinés permiten ao alumnado iniciarse no coñecemento da lingua chinesa e, ademais, axudan a comprender o contexto social e cultural do país. No Centro de Linguas, tamén podes realizar cursos de preparación de exames HSK.

INICIACIÓN Á LINGUA E Á CULTURA CHINESA

É un curso virtual de 40 horas que se imparte ao longo dun cuadrimestre.

Obxectivos
Mellorar a expresión, mediación e interacción oral en lingua francesa de estudantes, PAS e PDI da Universidade de Vigo.

Alén de conversas improvisadas, tamén é posible adicar os 50 minutos a fins académicos: tarefas docentes que se levan a cabo en lingua portuguesa, comunicacións en congresos ou intervencións en foros científicos, exposicións orais de encomendas de distintas materias de graos e posgraos, preparación de estadías Erasmus+, preparación de proxectos, etc.

Procedemento de participación
Para participar, rexístrate na ÁREA PRIVADA (se é a primeira vez) ou accede empregando o teu nome de usuario e contrasinal para, a continuación, matricularte no curso Francés One2One. Como esta actividade está financiada ao 100% pola Vicerreitoría de Internacionalización, a taxa de matrícula será de 0 euros. Podes matricularte en calquera momento ao longo do cuadrimestre en que se está a desenvolver a actividade.

Cando a túa solicitude se aprobe, terás acceso en Moovi ao curso Francés One2One e, unha vez dentro, poderás reservar a clase. O período de reserva estará activo cunha semana de antelación como máximo. Chegado o día da clase, conéctate 5 minutos antes da hora para a que reservaras a clase ao despacho de Campus Remoto do profesorado. A ligazón e o contrasinal deste despacho están dispoñibles na plataforma Moovi. O profesorado do Centro de Linguas só che dará acceso se o teu nome coincide co da persoa que fixo a reserva previamente. Durante a clase manterás unha conversa de 50 minutos en lingua francesa con profesorado do Centro de Linguas.

Requisitos
Non se esixe un determinado nivel de lingua francesa para acceder a esta actividade, posto que o profesorado do Centro de Linguas adaptará o nivel da conversa ao nivel da persoa que reservou a clase. Porén, é preciso ser quen de saudar, responder a cuestións básicas e despedirse en lingua francesa.

Os cursos de italiano organízanse segundo os niveis do MCER A1 e A2, de xeito que o alumnado poida acreditar un nivel nun cuadrimestre.

CURSOS CUADRIMESTRAIS

Son cursos virtuais que se imparten ao longo dun cuadrimestre: primeiro cuadrimestre ou segundo cuadrimestre. O curso de nivel A1 (60 horas) impártese durante o primeiro ou segundo cuadrimestre, e o curso de nivel A2 (60 horas) durante o primeiro ou segundo cuadrimestre.

CURSOS DE VERÁN

Son cursos virtuais de 5 semanas que se imparten durante o verán: A1 (60 horas) ou A2 (60 horas).

Os cursos de xaponés permiten ao alumnado iniciarse no coñecemento da lingua nipoa e, ademais, axudan a comprender o contexto social e cultural do país.

INICIACIÓN Á LINGUA E Á CULTURA NIPOA

É un curso virtual de 40 horas que se imparte ao longo dun cuadrimestre.

i
Descrición xeral da privacidade

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.