Universidade de Vigo
Galego - Español - English - Polski

EXCELENCIA NA DOCENCIA

O Centro de Linguas destaca pola calidade da docencia, que permite garantir ao noso alumnado a adquisición e/ou perfeccionamento das súas competencias lingüísticas.

PROFESIONAIS CUALIFICADOS

A alta cualificación do profesorado, maioritariamente nativo e formador de profesionais docentes, e a longa traxectoria como centro de preparación de ESOL Examinations (University of Cambridge) e DELE (Instituto Cervantes) fan deste centro un referente na ensinanza de idiomas a nivel nacional e internacional.

CENTRO ACREDITADOR DE NIVEIS

Como membro de ACLES e CercleS, os diplomas de acreditación de nivel que expide teñen recoñecemento no entorno universitario español e europeo. Son ademais recoñecidos (xunto con Bulats) como acreditación de idioma por CertiUni, plataforma de acreditación que conta co aval da CRUE e o respaldo, entre outros, da Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE).

A CRUE xa nos inclúe na súa listaxe de centros acreditados para expedir certificados de exame de dominio!

TODOS OS NIVEIS DO MARCO COMÚN EUROPEO DE REFERENCIA (MCER)

O Centro de Linguas imparte cursos de idiomas de todos os niveis (A1, A2, B1, B2, C1 e C2).

NOVIDADES

COÑECE A UVIGO!

 
Centro de Linguas · Campus Universitario · C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) · España · Tlf.: +34 986 812 250 · centrodelinguas@uvigo.es