Inicio | O CDL | Quen somos |

Quen somos

O Centro de Linguas nace no ano 2004 para promover e desenvolver actividades de formación en linguas modernas, atendendo ás necesidades lingüísticas da comunidade universitaria e da súa contorna próxima.

Tras estes 10 anos de experiencia, o CdL é hoxe un referente no ensino de linguas e na acreditación de nivel de idioma, estando certificados polas entidades de acreditación máis recoñecidas (Instituto Cervantes, ACLES, TOEFL, etc).

Unha das principais liñas de actividade do Centro é a formación específica en linguas da comunidade universitaria, con obxecto de contribuír á calidade na docencia e investigación e á internacionalización da Universidade de Vigo.

Estas son as nosas fortalezas:

  • Marco Común Europeo de Referencia para as linguas. Os cursos do Centro de Linguas adáptanse ás directrices do Consello Europeo en materia de niveis de lingua e procedementos  de avaliación, segundo se especifica no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER). Os certificados de acreditación de nivel axéitanse polo tanto ao estándar de recoñecemento internacional.
  • Excelencia na docencia e profesionais cualificados. O Centro destaca pola calidade da docencia, que permite garantir ao alumnado a adquisición e/ou perfeccionamento das súas competencias lingüísticas. A alta cualificación do profesorado, maioritariamente nativo e formador de profesionais docentes, e a longa traxectoria como centro de preparación de ESOL Examinations (University of Cambridge) e DELE (Instituto Cervantes) fan do Centro un referente no ensino de idiomas.
  • Centro acreditador de niveis. Como membro acreditado de ACLES (Asociación de Centros de Lingua de Ensinanza Superior) e CERCLES (European Confederation of Language Centres in Higher Education), os diplomas de acreditación de nivel que expide teñen recoñecemento na contorna universitaria española e europea. Contan ademais (xunto con Bullats) co aval da CRUE como modelo de acreditación de nivel de idiomas.

A ORGANIZACIÓN

O ensino de linguas modernas é unha das principais actividades da Fundación Universidade de Vigo desenvolvida a través do seu Centro de Linguas. O órgano de dirección da Fundación Universidade de Vigo é o Padroado, presidido polo Reitor da Universidade de Vigo, D. Salustiano Mato de la Iglesia.

O CdL conta co aval e a supervisión académica da Universidade de Vigo, quen emite e valida os certificados acreditativos expedidos polo Centro.


Compartir: