Inicio | O CDL | Que facemos |

Que facemos

Estas son as nosas principais liñas de traballo:

  • Cursos de idiomas. Impartimos cursos cuadrimestrais e intensivos dos seguintes idiomas: inglés, alemá, español para estranxeiros, francés, italiano, portugués, chino, xaponés, lingua de signos española, persa, árabe e ruso. O Centro de Linguas imparte todos os niveis do Marco Común Europeo de Referencia (A1, A2, B1, B2, C1 e C2).
  • Cursos específicos de preparación de exames oficiais (DELE, Cambridge, TOEFL). Preparamos para a realización dos distintos niveis dos exames oficiais.
  • Centro formador de formadores: Curso de metodoloxía da ensinanza de español como Lingua estranxeira, homologado polo Instituto Cervantes.
  • Centro acreditador de ACLES. Realización de exames de acreditación de nivel de idiomas CertAcles:
    • Inglés: niveis B1, B2 e C1
    • Alemán: nivel B1
    • Francés: nivel B1
    • Español: niveis B1 e B2
  • Centro examinador de DELE (Diploma de Español como lingua estranxeira) do Instituto Cervantes (Niveis A1, A2, B1, B2, C1 e C2); e centro examinador de TOEFL e IELTS.
  • Centro formador e acreditador para a docencia en inglés. O CdL imparte cursos específicos para impartir docencia en inglés, e baixo a dirección académica da Universidade de Vigo realiza o exame de acreditación HELA (Higher Education Lecturing Accreditation).
  • Formación a medida. No CdL elaboramos planes académicos específicos e adaptados ás necesidades dos nosos usuarios, empresas e entidades que requiren formación especializada ou fixan obxectivos adaptados á súa organización. Podes coñecer traballos desenvolvidos nesta liña no apartado formación a medida.


Compartir: