Formación a medida

Elaboramos plans académicos específicos baseados nas necesidades de usuarios, empresas ou entidades que requiran formación especializada ou obxectivos adaptados á súa organización. Traballamos con: Universidade de Vigo, Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, Rede Internacional de Universidades ISEP etc.


METODOLOXÍA DA ENSINANZA DO ESPAÑOL

Formamos futuros profesores de español como lingua estranxeira con cursos homologados polo Instituto Cervantes e con profesorado especializado na formación de docentes.

HELA. Higher Education Lecturing Accreditation

A Universidade de Vigo e o CdL deseñaron unha proba de acreditación para docentes universitarios que imparten as súas materias en inglés.

PREPARACIÓN PARA A DOCENCIA EN INGLÉS

Cursos de formación para o profesorado que imparte o quere impartir as súas materias en lingua inglesa, centrado en dotar o docente de técnicas e recursos prácticos.

SUMMER SPANISH PROGRAM- ISEP

No programa ISEP DIRECT (International Student Exchange Program), acollemos estudantes que queren aprender español, formarse como profesores de segundas linguas e realizar prácticas docentes.

Compartir: