DELE

Aberto | Outros cursos

Diploma de Español como Lengua Extranjera (DELE)  é o título oficial, acreditativo do grao de competencia e dominio do idioma español, que outorga o Instituto Cervantes en nome do Ministerio de Educación de España.

O Centro de Linguas é unha entidade colaboradora co Instituto Cervantes para a realización dos exames conducentes á obtención do DELE nos seus 6 niveis: A1, A2, B1, B2, C1 y C2. Os  exames DELE están deseñados seguindo as directrices do Marco común europeo de referencia (MCER) do Consello de Europa, o que garante unha maneira práctica de establecer unha medición estándar internacional e obxectiva sobre o nivel que debe acadarse en cada etapa da ensinanza e na avaliación de resultados.


Este curso de Preparación ao exame DELE  serve para preparar de maneira práctica as probas do exame de certificación de nivel de español do Instituto Cervantes. Lévase a cabo mediante prácticas e simulacros de exame e o desenvolvemento de destrezas e estratexias para rendibilizar os coñecementos e o tempo durante a proba.

Este curso ten recoñecemento de créditos ECTS ou de libre elección pola Universidade de Vigo.

Compartir: