Inicio | Cursos | Español para estranxeiros | Español para lusofalantes

Español para lusofalantes

Aberto | Específicos

Este curso, de nivel B2, está dirixido a aquelas persoas que teñan o portugués como lingua nai e estean interesadas en perfeccionar o coñecemento de español. Deben acreditar posuír un nivel de coñecemento B1.

A realización do curso supón a consolidación do español como lingua estranxeira, xa que o alumnado poderá desenvolver as súas competencias comunicativas orais e escritas, e as competencias gramaticais e socio-culturais, tendo en conta o que o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas e o Plan Curricular do Instituto Cervantes recomendan para este nivel.

O plan formativo traballa ademais unha serie de contidos contrastivos entre a lingua portuguesa e a española,  e que son a base das interferencias que existen para os falantes de lingua materna portuguesa que aprenden español

Este curso ten recoñecemento de créditos ECTS ou de libre elección pola Universidade de Vigo.

Compartir: