Inicio | Cursos | Español para estranxeiros | Lingua e cultura

Lingua e cultura

Aberto | Cursos cuadrimestrais

Os cursos de lingua e cultura ofrecen unha formación en lingua española en todas as competencias necesarias para potenciar e completar ao máximo a formación do estudantado.

Ofrécese nos tres campus da Universidade de Vigo. No campus de Vigo pódense cursar diferentes niveis de español:  inicial (A1), básico (A2), intermedio (B1), avanzado (B2) e superior (C1). Nos campus de Ourense e Pontevedra, ofrécense tres niveis, inicial, intermedio e avanzado.

Os cursos teñen unha duración de 60 horas.

Contidos académicos:

  • Contidos teóricos-prácticos: clases de gramática e exercicios  adaptadas ao nivel e necesidades concretas de cada grupo.
  • Contido de conversa e cultura: este módulo está orientado a dous obxectivos: desenvolver actividades dirixidas a facilitar a interacción e a comunicación na vida diaria do alumnado, dentro e fóra da Universidade; e en segundo lugar, facilitar aos alumnos o acceso a coñecementos básicos da cultura española e da galega en particular.

Este curso ten recoñecemento de créditos ECTS ou de libre elección pola Universidade de Vigo.

Compartir: