Inicio | Cursos | Español para estranxeiros | Obradoiros

Obradoiros

Aberto | Obradoiros

Os obradoiros son cursos que combinan a docencia presencial na aula cunha visita didáctica.

O Centro de Linguas organiza diferentes obradoiros ao longo do ano académico:

Magosto románico. Obradoiro sobre cultura galega. Tradicións. “O magosto”. Ruta románica que remata en Castro Caldelas visitando o pazo, cun magosto e queimada.

Enoloxía galega. Inclúe clases teóricas sobre o sector enolóxico en Galicia, as denominacións de orixe, etc. O curso conclúe cunha visita a unha adega (Regina Viarum) e cata de viños. 

Economía de Galicia I: o sector téxtil. Obradoiro sobre economía galega con especial atención ao sector téxtil. Visita a Inditex. 

Economía de Galicia II: a pesca. Obradoiro sobre a economía galega con especial atención ao sector da pesca. Visita á lonxa e porto de Vigo. 

Economía de Galicia III: o sector da automoción. Obradoiro sobre a economía galega con especial atención ao sector da automoción. Visita a PSA Peugeot Citröen. 

Galicia máxica: tradicións e lendas. Obradoiro sobre tradicións e lendas galegas que inclúe historia prerromana e apuntamentos literarios. Visitas a xacementos arqueolóxicos e a Os muíños do Folón. Final do día: cea e queimada. 

Galicia literaria I: Clases de literatura galega (introdución á literatura galega, en especial, a Camilo Xosé Cela e Rosalía de Castro). Visita a Padrón: casa de Rosalía de Castro e museo de Camilo Xosé Cela. 

Galicia literaria II: Clases de literatura galega (introdución á literatura galega II, en especial, a Valle Inclán e Castelao). Visita a Padrón: Casa de Valle Inclán e visita ao Museo de Pontevedra. 

Camiño de Santiago: o camiño portugués. Clases teórico- prácticas sobre o Camiño de Santiago (historia, roteiros, etc.) e roteiro do camiño portugués desde Pontevedra a Santiago. 

Galicia castrexa. Docencia sobre a vida da cultura castrexa en Galicia (historia, modo de vida, cultura, etc.). Visitas e explotación pedagóxica: O Castro de Vigo e Santa Tegra (A Guarda, Pontevedra).

Os pazos. Docencia sobre a historia dos pazos galegos. Visitas e explotación pedagóxica: Pazo de Quiñones de León, Vigo.

Obradoiro gastronómico. O español da hostalaría. Inclúe docencia sobre o vocabulario relativo á gastronomía, cuestións culturais, receitas e demostración da elaboración de comidas típicas españolas e galegas. 

Arte románica. Docencia sobre a arte románica en Galicia (vocabulario, elementos máis representativos) con especial atención aos mosteiros de Galicia e outras correntes arquitectónicas. Visitas e explotación pedagóxica: Visita ao Mosteiro de Oseira. 

Petróglifos. Docencia sobre a historia prerromana en Galicia. Visitas e explotación pedagóxica: Visita ao pazo Quiñones de León e ao Petróglifos (visita nocturna). 

Artesanía galega. Artesanía de Galicia. Reflexión sobre os sectores máis punteiros da artesanía galega. Inclúe visita turística sobre como se fai o encaixe de bolillos e a cestería.

Compartir: