Certificados de cursos

O Centro de Linguas ofrece dous tipos de certificados: un diploma de asistencia e un certificado de nivel.

Para obter o diploma de asistencia é necesario asistir a un mínimo do 85% das horas do curso.

Para obter o certificado de nivel é preciso realizar e superar o exame do curso, no que se valora o dominio das catro destrezas. No certificado inclúese a cualificación obtida na proba, o número de horas do curso, as datas nas que se celebrou, o número de créditos, o nivel que corresponda de MCERL e a información persoal do estudante.

O certificado de asistencia expídese no prazo mínimo dun mes. Os certificados de nivel facilítanse, tamén, nun prazo mínimo dun mes tras a revisión de exames. 

Os certificados de nivel non teñen caducidade. Porén, a institución receptora do certificado pode fixar a antigüidade coa que acepta un certificado.


Ligazóns






Compartir: