Inicio | Exames e acreditacións | Acreditacións

Acreditacións

CERTACLES

É unha certificación de nivel de idioma emitida polas universidades. Está vinculada a un exame de dominio das catro destrezas baseado no modelo da Asociación de Centros de Lingua no Ensino Superior (ACLES), filial da Confederación Europea de Centros de Linguas no Ensino Superior (CERCLES). É unha proba independiente, desligada dos cursos de lingua estranxeira impartidos no Centro de Linguas o de cualquera outro curso e para o que non é necesario acreditar niveis anteriores.

Convocatorias
Modelos de exames

DELE

Os Diplomas de Español como Lingua Estranxeira (DELE) son títulos oficiais, acreditativos do grao de competencia e dominio do idioma, outorgados polo Instituto Cervantes no nome do Ministerio de Educación de España; recoñécense en todo o mundo por empresas privadas, cámaras de comercio e sistemas de ensino públicos e privados. O Centro de Linguas é examinador dos 6 niveis do DELE (A1, A2, B1, B2, C1 e C2)

Convocatorias DELE
Modelos de exames
Información útil
Convocatorias DELE na Universidade de Vigo 2017

TOEFL

Estamos acreditados por ETS para a realización do Test of English as a Foreign Language™ (TOEFL), exame que mide a capacitación de non nativos para utilizar e entender a lingua inglesa de forma oral ou escrita no ámbito académico. É un requisito para a admisión na maioría das universidades norteamericanas. Está recoñecido por máis de 5.000 institucións de educación superior, universidades e axencias de certificación de 90 países.

Convocatorias TOEFL
INVITACIÓN a participar nos vindeiros webinar GRATIS sobre os exames TOEFL (Test of English as a Foreign Language)
INVITACIÓN a participar nos vindeiros webinar GRATIS sobre os exames GRE (Graduate Record Examinations).

IELTS

IELTS (International English Language Testing System) é un exame de inglés xestionado por Cambridge ESOL, British Council e IDP Education Australia. Pode elexirse o Módulo Académico ou o Módulo Xeral. Os resultados do IELTS acéptanse en todo o mundo por máis de 8.000 institucións educativas, departamentos gubernamentais e organizacións profesionais, incluíndo máis de 3.000 nos EE.UU.

Ir á paxina oficial

HELA

HELA (Higher Education Lecturing Accreditation) é unha proba deseñada na Universidade de Vigo que evalúa se os profesores posúen as competencias lingüísticas necesarias para enfrontarse á docencia nunha língua estranxeira con éxito. Valora o dominio da lingua, a fluidez, as habilidades comunicativas, a presentación oral e a capacidade de interacción co alumnado.

Máis información
Convocatorias
Compartir: